Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

181

Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik O Roxo

As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que levaban […]

182

Só o silencio me responde

A ampla selección de poemas desta antoloxía fíxose seguindo os criterios da representabilidade, a calidade e tamén o gusto persoal das súas responsables. A orde na que se presentan non é necesariamente cronolóxica, xa que respecta a asignada pola poeta nos orixinais. Ademais dos libros publicados como tales pola propia Akhmátova, baixo o nome de […]

183

Poemas canónicos

Os poemas que compoñen esta edición son os chamados “poemas canónicos”: os que pertencen á escolma que fixo en vida o poeta, seguindo o seu gusto e baseándose nos seus propios canons de perfección e calidade.

184

Novelino

Na época medieval, os textos literarios debían cumprir a dualidade horaciana de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino, como obra literaria medieval, obedece estas premisas, pois buscaba entreter e divertir sen esquecer a faceta didáctica. Non era un didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmático, que respondía as expectativas da sociedade toscana comunal. A burguesía, nova […]

185

Decamerón

O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada. Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que […]