• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Anónimo

Novelino

Traducido por Moisés Barcia

VER PORTADA

Na época medieval, os textos literarios debían cumprir a dualidade horaciana de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino, como obra literaria medieval, obedece estas premisas, pois buscaba entreter e divertir sen esquecer a faceta didáctica. Non era un didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmático, que respondía as expectativas da sociedade toscana comunal. A burguesía, nova clase emerxente, precisaba dunha literatura vulgar, axeitada á súa visión do mundo laica e vitalista, e que, á vez que motivo de diversión e entretemento, ofrecese pautas de comportamento e modelos de conduta. Estamos ante unha das primeiras obras en prosa elaboradas nun vulgar italiano, florentino en concreto, escrita a finais do s. XIII, presumiblemente entre 1281 e 1300. Do seu autor ou autores nada sabemos que non sexa o deducido a través da propia obra, é dicir, unha posible filiación burguesa e unha presumible orixe florentina. Co Novelino inaugúrase na literatura italiana un novo xénero narrativo, o conto profano, unha narración breve modelada segundo o ideal retórico da brevitas, que parte dun modelo xa preexistente, o exemplum, pero desvinculado da súa compoñente moralizante e cun obxectivo lúdico, aínda que tamén destaca a compoñente didáctica de orientación utilitarista.

O conxunto dos contos ten en común a brevidade e o estilo lineal. Entre os protagonistas atopamos heroes do mito ou da historia antiga (Hércules, Rei Arturo, Sócrates), cabaleiros das sagas medievais (Lanzarote, Meliadús, Tristán, Merlín), reis bíblicos (David, Salomón, e ata Deus) e históricos (Alexandre Magno, Traxano, Federico II), xunto a individuos medios, historicamente ben caracterizados e en absoluto idealizados, como o mestre Taddeo de Boloña, ou o florentino Migliore delli Abati. Por último, unha morea das persoas máis representativas dos estamentos populares e activos da vida cotiá florentina: xograres, xente da vila, mercadores, frades e confesores, aprendices, etc., enchen as derradeiras páxinas do Novelino.

14.02 €

Novelino

€14,02

Categorías: Libros, Vétera

Anónimo

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-936101-6-6
PÁXINAS:
114
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Humor, Medieval, Relatos
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Moisés Barcia

LINGUA DE ORIXE:
Italiano medieval
DATA DE PUBLICACIÓN:
Decembro de 2007

  • Descripción

Descripción

Na época medieval, os textos literarios debían cumprir a dualidade horaciana de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino, como obra literaria medieval, obedece estas premisas, pois buscaba entreter e divertir sen esquecer a faceta didáctica. Non era un didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmático, que respondía as expectativas da sociedade toscana comunal. A burguesía, nova clase emerxente, precisaba dunha literatura vulgar, axeitada á súa visión do mundo laica e vitalista, e que, á vez que motivo de diversión e entretemento, ofrecese pautas de comportamento e modelos de conduta. Estamos ante unha das primeiras obras en prosa elaboradas nun vulgar italiano, florentino en concreto, escrita a finais do s. XIII, presumiblemente entre 1281 e 1300. Do seu autor ou autores nada sabemos que non sexa o deducido a través da propia obra, é dicir, unha posible filiación burguesa e unha presumible orixe florentina. Co Novelino inaugúrase na literatura italiana un novo xénero narrativo, o conto profano, unha narración breve modelada segundo o ideal retórico da brevitas, que parte dun modelo xa preexistente, o exemplum, pero desvinculado da súa compoñente moralizante e cun obxectivo lúdico, aínda que tamén destaca a compoñente didáctica de orientación utilitarista.

O conxunto dos contos ten en común a brevidade e o estilo lineal. Entre os protagonistas atopamos heroes do mito ou da historia antiga (Hércules, Rei Arturo, Sócrates), cabaleiros das sagas medievais (Lanzarote, Meliadús, Tristán, Merlín), reis bíblicos (David, Salomón, e ata Deus) e históricos (Alexandre Magno, Traxano, Federico II), xunto a individuos medios, historicamente ben caracterizados e en absoluto idealizados, como o mestre Taddeo de Boloña, ou o florentino Migliore delli Abati. Por último, unha morea das persoas máis representativas dos estamentos populares e activos da vida cotiá florentina: xograres, xente da vila, mercadores, frades e confesores, aprendices, etc., enchen as derradeiras páxinas do Novelino.

Recomendamos...

  • Sir Gawain e o cabaleiro verde

    €16,00
  • Decamerón

    €25,50

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
DecamerónPoemas canónicos Desplazarse hacia arriba