• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Anónimo

Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik O Roxo

Traducido por Elías Portela

VER PORTADA

As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que levaban consigo: a palabra. Nas longas noites de inverno, ó abeiro do lume, as sagas permaneceron na tradición oral islandesa durante varias xeracións de homes. Os sagnamenn repetíanas de memoria nos banquetes, sermóns e asembleas. Logo, no s. XII, cando cada vez eran menos os nobres que posuían barco propio, convertéronse en literatura escrita. A palabra abandonaba o océano do verbo para pór o pé na terra firme do signo. Este salto foi propiciado en gran medida pola implantación do cristianismo en Escandinavia. Se por unha banda a nova relixión supuxo o declive do mundo no que se inspirara a literatura nórdica antiga, especialmente no que respecta á súa mitoloxía, tamén significou a preservación da literatura oral, xa que coa cristianización chegaron o alfabeto latino e o pergamiño.

A Saga dos Groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo ocupan un lugar destacado dentro das sagas, xa que narran o descubrimento e intento de colonización de América polos escandinavos arredor do ano 1000. Trátase, pois, do primeiro documento sobre un encontro entre nativos americanos e europeos. Leifr o Afortunado, fillo de Erik o Roxo, foi o pioneiro que se asentou nelas, dándolles nome. A vida do seu pai, pola súa banda, está ligada ós primeiros anos da Groenlandia histórica, pois Erik o Roxo foi o seu primeiro explorador e colono; el deulle nome e levou embarcacións cheas de islandeses para que construísen alí o seu fogar.

14.01 €

Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik O Roxo

€14,01

Categorías: Libros, Vétera

Anónimo

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-92866-02-1
PÁXINAS:
94
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Medieval, Viaxes
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Elías Portela

LINGUA DE ORIXE:
Islandés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Decembro de 2009

  • Descripción

Descripción

As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que levaban consigo: a palabra. Nas longas noites de inverno, ó abeiro do lume, as sagas permaneceron na tradición oral islandesa durante varias xeracións de homes. Os sagnamenn repetíanas de memoria nos banquetes, sermóns e asembleas. Logo, no s. XII, cando cada vez eran menos os nobres que posuían barco propio, convertéronse en literatura escrita. A palabra abandonaba o océano do verbo para pór o pé na terra firme do signo. Este salto foi propiciado en gran medida pola implantación do cristianismo en Escandinavia. Se por unha banda a nova relixión supuxo o declive do mundo no que se inspirara a literatura nórdica antiga, especialmente no que respecta á súa mitoloxía, tamén significou a preservación da literatura oral, xa que coa cristianización chegaron o alfabeto latino e o pergamiño.

A Saga dos Groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo ocupan un lugar destacado dentro das sagas, xa que narran o descubrimento e intento de colonización de América polos escandinavos arredor do ano 1000. Trátase, pois, do primeiro documento sobre un encontro entre nativos americanos e europeos. Leifr o Afortunado, fillo de Erik o Roxo, foi o pioneiro que se asentou nelas, dándolles nome. A vida do seu pai, pola súa banda, está ligada ós primeiros anos da Groenlandia histórica, pois Erik o Roxo foi o seu primeiro explorador e colono; el deulle nome e levou embarcacións cheas de islandeses para que construísen alí o seu fogar.

Recomendamos...

  • Cantar de Ruodlieb

    €15,00
  • Mapa de estradas lendario de Islandia

    €18,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Só o silencio me respondeO tradutor cleptómano Desplazarse hacia arriba