• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Giovanni Boccaccio

Decamerón

Traducido por Moisés Barcia

VER PORTADA

O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada.

Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que morreu e resucitou, o conto da inxenua Alibec, o pai e o marido celoso que dan de comer, xa á sua filla, xa á súa esposa, o corazón do amante, a alegre historia do canto dos reiseñores, a historia de Nastagio degli Onesti —que poden ver pintada por Botticelli no [Museo do] Prado de Madrid—, o cociñeiro Chichibio que dá convencido ó seu amo de que as grúas soamente teñen un zanco; frei Cebola, que promete amosarlles ós de Certaldo unha pluma do arcanxo san Gabriel, e tantos amantes e raros e carnais amores, Calandrino coa súa pedra da invisibilidade…

Hai en Boccaccio unha especie de constante triunfo da intelixencia. Boccaccio é o máis desinteresado, humano e libre dos narradores, e na súa prosa fixou a inmensa variedade das paixóns, como Shakespeare, por exemplo. E atopamos a máis profunda humanidade no corazón mesmo da máis inverosímil aventura.

25.50 €

Decamerón

€25,50

Esgotado

Categorías: Libros, Vétera

Giovanni Boccaccio

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-935375-0-0
PÁXINAS:
750
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Amor, Europa, Humor, Medieval, Relatos
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Moisés Barcia

LINGUA DE ORIXE:
Italiano medieval
DATA DE PUBLICACIÓN:
Decembro de 2006

  • Descripción

Descripción

O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada.

Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que morreu e resucitou, o conto da inxenua Alibec, o pai e o marido celoso que dan de comer, xa á sua filla, xa á súa esposa, o corazón do amante, a alegre historia do canto dos reiseñores, a historia de Nastagio degli Onesti —que poden ver pintada por Botticelli no [Museo do] Prado de Madrid—, o cociñeiro Chichibio que dá convencido ó seu amo de que as grúas soamente teñen un zanco; frei Cebola, que promete amosarlles ós de Certaldo unha pluma do arcanxo san Gabriel, e tantos amantes e raros e carnais amores, Calandrino coa súa pedra da invisibilidade…

Hai en Boccaccio unha especie de constante triunfo da intelixencia. Boccaccio é o máis desinteresado, humano e libre dos narradores, e na súa prosa fixou a inmensa variedade das paixóns, como Shakespeare, por exemplo. E atopamos a máis profunda humanidade no corazón mesmo da máis inverosímil aventura.

Recomendamos...

  • Pañcatantra

    €21,00
  • Novelino

    €14,02

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Novelino Desplazarse hacia arriba