• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Konstantinos Kavafis

Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto), cidade da que só se ausentou durante dúas estancias en Inglaterra e en Constantinopla. Visitou Grecia só en dúas ocasións, mais Grecia foi, de certo, a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética.

Pode dicirse que a súa poesía foi unha composición en tres tempos. O primeiro, en Alexandría, onde, xa adolescente, comezou a estudar o grego, lingua que dominaba e na que escribiu a maior parte da súa produción lírica. O segundo, en Constantinopla: reflectido na súa obra como obsesión e desexo atormentado, flutuante entre a aceptación e o rexeitamento da súa homosexualidade. O terceiro, durante a súa etapa de madurez e de creación propiamente dita, a cabalo entre Alexandría e o continente europeo. Foi nestes anos cando se definiu o seu carácter heleno, o seu estilo sinxelo e a súa linguaxe, estraña mestura na que predomina o demótico, feito que lle valeu as críticas dalgúns literatos gregos moi coñecidos e coetáneos do poeta. Non obstante, foi a orientación sexual da súa temática amorosa o que relegou ao poeta a un segundo plano, case ao esquecemento, até ser rescatado pola crítica internacional a mediados do século xx e restituído ao lugar que lle correspondía: entre os grandes da literatura grega contemporánea.

Kavafis dedicouse a traballos de funcionario que apenas lle permitían subsistir. Publicou pouco en vida, mais preocupouse grandemente pola súa obra, sobre a que volvía unha e outra vez para corrixir, cambiar ou suprimir fragmentos. Estaba obsesionado coa calidade literaria e lingüística dos seus versos, como testemuñan os numerosos borradores que se conservaron dalgúns dos seus poemas.

A súa poesía fala de sentimentos, de amor prohibido, de amor non correspondido, de amor á beleza, da beleza mesma, da vida e da morte e do medo a ambas. Todo isto nun contexto social e urbano que reflicte a decadencia de Asia en Europa en cada poema coma se fose unha postal: un presente subxugado fronte a un pasado glorioso. Ademais, en cada postal está presente a súa preocupación polo mundano: o diñeiro, o desexo de fuxir da rutina gris e o paso do tempo e a perda da xuventude… Todo isto, omnipresente na súa vida.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-4072

    Poemas canónicos

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba