Condicións de compra, envío e devolucións
-Todos os pedidos na nosa tenda web serán atendidos o máis rapidamente posible, dentro dos horarios comerciais, e unha vez comprobado o pagamento.
-Enviaremos os libros por medio dunha empresa de mensaxería a toda España, agás no caso das Illas Canarias, que serán enviados por Correos. Recibirás o paquete nun prazo de entre 24 e 72 horas hábiles dende a súa saída.
-Os gastos de envío son gratuítos para envíos dentro de España. Para envíos ao estranxeiro, por favor, contacta con nós, indicando os títulos, cantidade e enderezo, e informarémoste sobre o seu custo.
-Non nos facemos cargo das demoras ocasionadas pola compañía de transporte, ou por ausencia do destinatario ou datos erróneos no formulario de pedido.
-Só se aceptarán devolucións de produtos defectuosos ou erróneos. Neste caso, enviaremos o produto correcto solicitado inicialmente.