Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

79 resultados da procura de:

19

Derrotas andinas

Este libro nació para rendir memoria a los Cronistas de Indias en el marco conmemorativo del Quinto Centenario del Descubrimiento de América. El autor recupera sus descripciones e impresiones sobre la conquista y colonización del Imperio Inca y añade otras de la posterior etapa republicana para construir una crónica moderna de aquel vasto territorio que […]

20

Cartas de Bernardino Graña

O material epistolar presentado nesta obra ordénase en catro períodos: de 1951 a 1958; de 1959 a 1964; de 1965 a 1973 e de 1973 a 1994. Nel atopamos correspondencia de Bernardino Graña coa intelectualidade da época, con persoeiros como Xosé Luís Franco Grande, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel María, Arcadio López Casanova, Ramón Piñeiro, […]

21

A torre de Peito Burdelo

A torre de Peito Burdelo é unha obra dramática que sustenta a súa acción sobre a lenda do tributo das cen doncelas ao emir de Córdoba. Esta obra fai unha achega importante para o sistema literario galego, xa que se publica nun momento no que o teatro galego estaba por facer. A obra de Galo […]

23

Monte do Seixo: O santuario perdido dos celtas

Este libro é unha especie de atlas de xeografía mítica de Terra de Montes. Presentamos aquí a segunda edición desta obra, publicada orixinalmente no ano 2008 por Serpe Bichoca, e que ofrece ilustracións e fotografías en branco e negro. Un material para quen teña interese en descubrir a pé a singularidade material e inmaterial do […]

24

Salgheirón

Salgheirón é a crónica dun arduo conflito urbanístico en Cangas do Morrazo nos primeiros anos deste século e que remite ás orixes do polígono, epicentro do emporio Massó Hermanos, e aínda da familia conserveira que o creou e que o levou ó seu cenit nas décadas centrais do século xx e á quebra na última. […]

25

O regreso de Vítor Sánchez

Xabier Boubeta traza nesta obra a súa particular homenaxe aos mestres asasinados e a todas as persoas represaliadas en Cangas tras a sublevación fascista de 1936. Concibidos como un relato que progresa ata o seu desenlace, nestes versos concéntranse o lirismo e as imaxes potentes coa reivindicación da memoria e da dignidade das persoas.

26

Pasou o que pasou (Doce estampas dos oitenta)

Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa –quizais todas as son– mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria […]

27

O embigo do becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V

O pobo cerdedés é libre de adorar os ídolos da súa predilección. Á luz dos feitos e tamén das feitorías, eu tamén son libre de opinar que eses ídolos son falsos. Outros, ben seguro, deberan ser os referentes nos que basear o noso rexurdimento posíbel: a luminosa erudición do Padre Sarmiento, a ardencia emancipadora do […]