Coñécenos

Edicións Morgante é un selo editorial galego, de carácter xeneralista, que comparte instalacións e medios con Rinoceronte Editora, da cal depende. A colección principal de Morgante, Mudanzas, acolle obras de todos os xéneros, de autores galegos e tamén foráneos. Ademais, temos outras coleccións, como Cerdedo in the Voyager, de carácter etnográfico e centrada na bisbarra de Terra de Montes, que se alimenta das obras do polígrafo Calros Solla; oEnsaio, que dende o xénero ensaístico reúne obras centradas en diferentes aspectos da nosa cultura, e múltiples volumes cuxas peculiaridades fan que se publiquen fóra de colección.

Os libros de Edicións Morgante comercialízanse nas librarías de toda Galiza a través de Distribucións Arnoia. Porén, tamén se poden solicitar por correo electrónico, e enviaranse sen custo de envío a calquera parte do Estado.