Aviso Legal
1-LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento co disposto no art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte información xeral:
Que o dominio www.rinoceronte.gal, a partir de agora “sitio web”, está rexistrado a nome de RINOCERONTE EDITORA S.L.U., con domicilio social en AVENIDA DE LUGO, 15, 36940 – CANGAS DO MORRAZO (PONTEVEDRA), sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 3117 da sección de sociedades, folio 209, folla PO-38316, inscrición primeira, provista de CIF B36501880.
O seu contacto é o enderezo de correo electrónico info@rinoceronte.gal.
2- CONDICIÓNS DE USO
I.- Usuarios/as;
O acceso e/ou uso do sitio web de www.rinoceronte.gal atribúelle a quen o realiza a condición de usuario/a, de maneira que acepta, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.
II.- Uso do sitio web, dos seus servizos e contidos;
O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e mais a orde pública.
Do mesmo xeito, queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitas ou lesivas contra O TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que poidan causar prexuízo dalgunha forma ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
A respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
- A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares, ou que resulte legalmente permitido.
- Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre eles.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarias, distintas das estritamente permitidas.
- Calquera intento de obter os contidos do sitio web a través de calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/das usuarios/as, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non lle causen ningún prexuízo ao sitio web.
III.- Modificación unilateral;
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e mais o deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.
IV.- Hiperligazóns;
O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
- Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
- Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos que lle pertenzan ao TITULAR.
- Baixo ningunha circunstancia O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos que se poñan a disposición do público na páxina web desde a que se realice a “hiperligazón”, nin tampouco das informacións e manifestacións que nela se inclúan.
V.- Exclusión de garantías e responsabilidade;
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:
- A falta de dispoñibilidade, mantemento e funcionamento da web e/ou dos servizos ou contidos.
- A falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou as expectativas dos usuarios.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
- A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión dos contidos por parte dos/das usuarios/as.
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web e dos seus servizos ou contidos por parte dos usuarios.
- A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as, postos a disposición dos/das usuarios/as no sitio web.
- O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos/ás usuarios/as a través do sitio web.
VI.- Duración;
A duración da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito a interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmo termos que se recollen na terceira condición.
VII. Lexislación aplicable e xurisdición;
As presentes condicións xerais estarán rexidas pola lexislación española. RINOCERONTE EDITORA S.L.U. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario no relativo a cantas cuestións se puidesen suscitar ou accións se exerciten como consecuencia da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos e contidos, así como sobre a interpretación, a aplicación, o cumprimento ou o incumprimento do que aquí se establece.
No suposto de que o/a usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, RINOCERONTE EDITORA S.L.U. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de CANGAS DO MORRAZO.
3- BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
En conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002, garánteselle ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde a comunicación da súa vontade a través dun correo electrónico dirixido ao enderezo info@rinoceronte.gal.