Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

79 resultados da procura de:

37

A gran mortaldade

Como superar o dó pola morte dun pobo? Como racionalizar a extinción da propia identidade? Por medio destes relatos encadeados, o autor recoméndanos a dieta saudábel do tropo e da retranca para dixerir sen resignación a orquestrada decadencia de Cerdedo, funesta metáfora do país galego. N’A gran mortaldade resoa o urro da fera confinada no último […]

38

As canteiras do litoral moañés

Este traballo presenta unha investigación novidosa e amena sobre a actividade de extracción de pedra nos montes de Moaña durante a primeira metade do século XX. A autora realiza un exhaustivo estudo no que non se limita a traballar coa documentación existente, senón que entrevista as últimas persoas que foron testemuñas directas do labor das […]

39

O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo

O libro O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo é un periplo pioneiro, vagaroso e diletante pola arte prehistórica labrada nos pedregais deste antigo concello da Terra de Montes. Unha viaxe no tempo, un percurso apaixonante e apaixonado polas 41 estacións petroglíficas cerdedenses e, asemade, polas 39 insculturas descubertas polo colectivo Capitán Gosende naquel territorio […]

41

Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV

Liquidado o concelho de Cerdedo e integradas as suas freguesias num novo ente artificial que o caciquismo inventou como um remendo de curto percorrido com o que tentar fazer ver que fazem algo para evitar o que eles mesmos provocaram, quiçá seja o tempo de voltar a reivindicar com força a milenar Terra de Montes […]

42

Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo

A tempada investida no estudo e investigación deste período pasado recente, cuxo froito é o libro que agora teñen nas mans, ratificou unha sospeita: Nos anos 30, en Cerdedo non se contendeu pola supremacía ideolóxica, non se lidou a sangue pola primacía duns ideais; a dereita cerdedense perseguiu e matou polo restablecemento da súa orde, […]

43

A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O furancho

Este volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase con Fitness (2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette (Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en 2016. A liña mestra de Ibuprofeno Teatro é […]

44

A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III

“E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca “montes de terra”, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un viveiro de fachendosos […]

45

Columnas de papel 2 (1993-2012)

Columnas de papel recolle unha escolma dos artigos publicados por Xosé Vázquez Pintor na prensa galega ao longo de 25 anos, dende 1987 a 2012, aínda que moitos deles seguen de actualidade. A actividade xornalística en galego de Vázquez Pintor remóntase ao ano 1970, nas páxinas de El Ideal Gallego. Pero é a partir de […]