Primitivo Carbajo
Primitivo Carbajo é xornalista de extenso percorrido en medios galegos e españois. Foi correspondente de El País en Vigo e redactor de El País Galicia. Tamén foi director de Comunicación da Uvigo. É coautor, con Luis Pita, da biografía non autorizada Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (Xerais, 1993) e en Edicións Morgante publicou as crónicas Salgheirón (2021), sobre o conflito urbanístico de Massó en Cangas do Morrazo; Derrotas andinas (2021), sobre unha singular viaxe por Ecuador, Perú e Bolivia, e A marcha da paz secuestrada (2024), sobre unha expedición internacional pacifista en Centro América. Xunto a Cristina Huete publicou Os Baltar (2024) nesta mesma editora.
Publicacións en Morgante






