Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

79 resultados da procura de:

28

Rapazas de Polar

As rapazas de Polar viven nun internado de monxas os tempos da guerra e (probablemente) os mellores anos das súas vidas. A súa curiosidade alimentarase de personaxes como os lobishomes Delgado, os porcos estomballados onda a poza, sor Elvira Lecumberri e o seu fugaz matrimonio ou a intrigante Elsa. “Aprender non aprendiamos moito en Polar, […]

29

A pedra de ámbar gris

Hoxe en ruínas, a factoría baleeira de Massó viviu unha época de intensa actividade. As súas conservas eran coñecidas en toda Europa e tamén en América. Baseándose na fascinante historia deste emporio, a autora traza un relato de ficción, de longo alento, onde se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas, tendo como pano […]

31

O día que lle puxen lume á libraría de vello

Un escritor fracasado do sistemiñaTM, un auténtico anacoreta que rexenta un tugurio da zona vella de Santiago, atópase detido na Audiencia Nacional de Madrid acusado de terrorismo por motivos que ignora. Disposto a colaborar, comeza redactar unha confesión que, lonxe de responder ao que procuran os seus interrogadores, se converte nun axuste de contas literario. […]

32

Corpus dos petróglifos de Galicia

En 1930 Ramón Sobrino Buhígas viaxa a París e Londres cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, coa finalidade de entrar en contacto con investigadores e organizacións que lle permitan abordar unha análise comparativa dos petróglifos galegos con outros conxuntos sobresaíntes da arte rupestre europea. Sobrino volve a Galicia con importantes contactos persoais e […]

33

A vaga dos pratiños voantes

“Eu non creo nos ovnis, pero habelos hainos. O interese, mesmo a fascinación, que os ovnis espertan en moita xente é innegábel. Confeso sentirme atraído pola mitoloxía dos pratiños voantes, por ese “non sei que” de incerta verdade; tamén pola súa narrativa milenarista e orwelliana. Intuídos nun lote de esfumadas fotografías b/n, o seu feitío […]

34

Abecedario de Bernardino Graña

O Abecedario de Bernardino Graña é, basicamente, un vocabulario literario do autor. Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o escritor. A lectura deste manual non se rexe conforme a pautas cronolóxicas ou temáticas, senón por algunhas acepcións ordenadas alfabeticamente que o lector ou lectora ha de procurar a eito e aleatoriamente […]

35

A taberna do Mascato Negro

Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Entra para buscar axuda e descobre que alí vive un grupo de mariñeiros á espera […]

36

Abecedario de Ricardo Carvalho Calero

O Abecedario de Carvalho Calero é, basicamente, un vocabulario literario do autor. Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o grande intelectual galego. A lectura deste manual non se rexe conforme a pautas cronolóxicas ou temáticas, senón por algunhas acepcións ordenadas alfabeticamente que o lector ou lectora ha de procurar a […]