Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

79 resultados da procura de:

10

A gran novela galega

O home máis rico de Galicia descobre durante o confinamento a súa paixón pola literatura galega e decide convocar un premio de novela dotado cun millón de euros. Aspirantes de todo tipo, críticos e axentes literarios, xornalistas e políticos farán o posible por que gañe quen mellor represente os seus intereses. César Cequeliños ofrece un […]

11

Crónicas históricas das illas Cíes

Crónicas históricas das illas Cíes é un libro agarimoso que, sen perder seriedade e rigor na exposición das múltiples facetas históricas, logra ofrecer un relato polo que discorren topónimos, mitos, piratas, chouzos, monumentos, faros e personaxes entrañables como “O Coxo” e “O Chuco”. Unha guía cultural do arquipélago máis famoso do Parque Nacional das Illas […]

12

O Campo das Laudas. Alcouve da Memoria en Cerdedo

A represión franquista non se limitou a amorear cadáveres, o franquismo afanouse en soterralos nunha fonda tumba que cubriu de silencio; o franquismo encargouse minuciosamente de borrar toda pegada, de esvaer todo recordo, de obliterar os nomes e apelidos das persoas que fixeran posíbel en España, e na Galiza, a chegada da II República e […]

13

O pote do ouro

Os tesouros son, sen lugar a dúbidas, os seres máis extraordinarios e sublimes da mitoloxía galega. Calquera outro nume –feérico, seráfico ou diábolico– foi concibido polo estro popular para servilos de avatar, espantallo, séquito ou paladín. Arredor dos máxicos tesouros, enfrascados na súa salvagarda, rebolen mouras, mouros, fadas, serpes, lagartos, demos, trasnos, xigantes ananos…; e […]

14

O pelengriño que foi de cu

A lectura deste conxunto de contos vainos achegar a seres traxicómicos, viaxes invertidas de antiheroes, descricións sinestésicas dunha natureza que podemos sentir, lugares e persoas que semellan atravesar intensamente o papel. Este volume mestura o conto popular e a narrativa máis culta en temáticas diversas onde non falta a picaresca, o humor, a violencia ou […]

15

Dezanove comunas e un aeroporto

Hai varios xeitos de contar unha cidade, de querela ou de odiala, ou simplemente de habitala, mais só escribindo sobre ela é que se chega a descubrila na súa totalidade. Daniel opta aquí por contala alén dos tópicos. Faino rompendo a escribir vinte anécdotas entrelazadas, situando cada unha delas nunha sección administrativa dunha aglomeración que […]

16

Crónica da Galiza bizarra

Crónica da Galiza bizarra reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par. Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até […]

17

Obra reunida

Baixo o título Obra reunida traduciuse ao galego a obra narrativa localizada de Santiago Gómez Tato. Os dezaoito relatos de De la tierra meiga (1924), os nove de Céltiga (1924) e mais a ducia de narracións soltas que acaso integrasen o volume inédito Enxebre (1924-28) ambiéntanse nos concellos de Cerdedo (Pontevedra) e Santa Comba (A […]

18

O mestre de Quiroza

N’O mestre de Quiroza sentiu José Varela Buela a necesidade saudosa de plasmar por escrito o rodopío de emocións xerado polo afastamento da Galiza, enfeitizado pola paisaxe física e espiritual da “terra meiga”. Emporiso, Varela Buela non desaproveitou a oportunidade de sinalar os prexuízos da paisanaxe, disimulados pola beldade do locus amoenus. A novela de […]