PHILOGELOS (O AMANTE DA RISA)

TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO DE ÓSCAR SOTO E MARGARITA SEARA

A obra Philogelos (O amante da risa) é a compilación de chistes máis antiga aínda conservada. A obra, que consta de 265 chistes, está ordenada tematicamente, e moitos serían perfectamente aplicábeis a situacións contemporáneas. Son contos curtos, dotados dun grande enxeño, e cuxa tradución estará adaptada ao humor máis actual. Sorprenderá ao lectorado a cantidade de contos que aínda se contan hoxe en día e que aparecen vertidos nesta compilación que os recolleu da tradición oral hai máis de quince séculos.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

 

 

ISBN: 978-84-92866-79-3
Nº páxinas: 88
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 14 €