• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Anónimo

Adiviñas medievais do Libro de Exeter

Traducido por Jorge L . Bueno Alonso

VER PORTADA
LER EXTRACTO

As adiviñas anglosaxoas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da Historia e que evidentemente segue atraendo ao ser humano. As metáforas, os símiles, os quebracabezas, as historias de detectives, todo iso ten a intención de representar as cousas dun modo distinto ao que en verdade son. Desde o enigma da esfinxe de Tebas ata os enigmas de Simposio, Adelmo ou San Isidoro, pasando polas adiviñas infantís ou os textos exipcios, hindús ou do Corán, da Biblia, ou da mitoloxía grega, sempre tivemos textos ou inscricións onde se ocultou a natureza dos conceptos para expornos un reto que nos leve a unha solución, a varias ou a ningunha.

Na literatura anglosaxoa os enigmas son parte indispensable dos recursos estilísticos da poesía do inglés antigo, pois unha das súas figuras retóricas máis utilizadas -os “kenningar”- non eran senón metáforas a modo de adiviñas en miniatura.

A pesar de estar contidas nun códice que data do século X é moi evidente que a composición das adiviñas tivo lugar moito antes, dende o século VIII, como algúns críticos sinalan. Pola súa condición de poemas breves de carácter lúdico, a súa transmisión oral tivo que ser frecuente e gozar de certa popularidade. Este feito de seren populares pode ser un dos motivos de que se engadise a unha miscelánea moi conectada coa cultura monacal.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

16 €

Adiviñas medievais do Libro de Exeter

€16,00

Categorías: Libros, Vétera

Anónimo

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-50-8
PÁXINAS:
166
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Humor, Medieval
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Non ficción
TRADUTOR:
Jorge L . Bueno Alonso

LINGUA DE ORIXE:
Inglés antigo
DATA DE PUBLICACIÓN:
Xaneiro de 2021

  • Descripción

Descripción

As adiviñas anglosaxoas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da Historia e que evidentemente segue atraendo ao ser humano. As metáforas, os símiles, os quebracabezas, as historias de detectives, todo iso ten a intención de representar as cousas dun modo distinto ao que en verdade son. Desde o enigma da esfinxe de Tebas ata os enigmas de Simposio, Adelmo ou San Isidoro, pasando polas adiviñas infantís ou os textos exipcios, hindús ou do Corán, da Biblia, ou da mitoloxía grega, sempre tivemos textos ou inscricións onde se ocultou a natureza dos conceptos para expornos un reto que nos leve a unha solución, a varias ou a ningunha.

Na literatura anglosaxoa os enigmas son parte indispensable dos recursos estilísticos da poesía do inglés antigo, pois unha das súas figuras retóricas máis utilizadas -os “kenningar”- non eran senón metáforas a modo de adiviñas en miniatura.

A pesar de estar contidas nun códice que data do século X é moi evidente que a composición das adiviñas tivo lugar moito antes, dende o século VIII, como algúns críticos sinalan. Pola súa condición de poemas breves de carácter lúdico, a súa transmisión oral tivo que ser frecuente e gozar de certa popularidade. Este feito de seren populares pode ser un dos motivos de que se engadise a unha miscelánea moi conectada coa cultura monacal.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Recomendamos...

  • Hortulus (Herbario medicinal do Mosteiro de Reichenau)

    €14,00
  • Sir Gawain e o cabaleiro verde

    €16,00
  • Decamerón

    €25,50

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
DeshonraPoemas Desplazarse hacia arriba