Coñécenos
De quen vén sendo Sushi Books?
Sushi Books é un selo pertencente a Rinoceronte Editora S.L.U., que sae á luz en 2013 para achegarse a lectores de todas as idades. E faino cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro. Algúns son produtos de importación, outros son delikatessen do país.
Para que tipo de público?
En Sushi Books temos libros para todo tipo de padais, de cinco a cen anos.
Como sei cal é o Sushi que me convén?
A receita é sempre catar, pero ofrecémosche unha guía simple a través das nosas tres coleccións:
– Álbum. Se buscas unha lectura máis dixestiva, con ilustracións, e apta ademais para primeiros lectores.
– Intermedio. Se buscas aventuras condensadas en varios capítulos para ler nos recreos.
– Avanzado. Se buscas emocións fortes ou que che descubran novos mundos, agora que xa estás no instituto.
Onde se preparan os Sushi Books?
Estamos (case sempre) aquí:
Avenida de Lugo, 15
36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Atendemos no teléfono +34 986 16 80 28 e no correo electrónico falame@sushibooks.es