|
| | Setemuíños, Noa
Noa Setemuíños (Vigo, 1978) medrou entre as rúas griseiras das Travesas, polos carreiros do Rosal, e nas páxinas dos libros. Estudou Filoloxía Hispánica, Galega e Románica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que vive dende entón cos seus. Traballa no ensino como profesora de Lingua Galega e Literatura. A súa primeira novela, O ocaso da familia Portela (Barbantesa 2015), foi traducida ao castelán e publicada por Pulp Books. A pedra de ámbar gris é unha historia nacida da caricia das ondas nos pés na praia de Pinténs, nos veráns da infancia.
Obras de Setemuíños, Noa
|