Descripción
A autonomía galega é case un monocultivo da dereita. Porén, noutras eleccións, como as locais ou estatais, é habitual que sexan as esquerdas as que obteñen a maioría de votos. Trátase dun fenómeno que ata o de agora sempre se analizou mediante conceptos vitimistas como “rede clientelar” ou “dominio mediático”, pero non tanto desde o marco político-cultural que sostén o noso autogoberno desde a súa creación. É o momento de mirarse o embigo e recoñecer que a autonomía galega se construíu cun imaxinario conservador, que segue vixente e en demasiadas ocasións coa axuda da propia esquerda. Este ensaio xornalístico invita a poñer o foco nas cidades motores do país: Vigo e A Coruña, e aposta por un galeguismo progresista do século XXI.
Edición en papel co ISBN 978-84-19040-15-2, dispoñible en librarías do país.
Podes mercar este libro en formato ePub co ISBN 9788419040312 en Casa del Libro, Amazon, Kobo e Apple, entre outros.