• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Jakemés

O castelán de Coucy e a Dama de Fayel

Traducido por Raúl Gómez Pato

VER PORTADA
LER EXTRACTO

O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, que pertence ao grupo de linguas d’oïl, a finais do s. XIII ou comezos do XIV, por un poeta que agochou o seu nome en versos acrósticos ao final da obra (Jakemés).

Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal.

O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

16 €

O castelán de Coucy e a Dama de Fayel

€16,00

Categorías: Libros, Vétera

Jakemés

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-92866-94-6
PÁXINAS:
182
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Amor, Europa, Medieval
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Raúl Gómez Pato

LINGUA DE ORIXE:
Francés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Decembro de 2017

  • Descripción

Descripción

O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, que pertence ao grupo de linguas d’oïl, a finais do s. XIII ou comezos do XIV, por un poeta que agochou o seu nome en versos acrósticos ao final da obra (Jakemés).

Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal.

O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Recomendamos...

  • Historia de Calírroe

    €16,00
  • Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña

    €16,00
  • Cartas das heroínas

    €19,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Unha vida enteiraAcabadora Desplazarse hacia arriba