• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Caritón de Afrodisias

Historia de Calírroe

Traducido por Ana Gloria Rodríguez Alonso

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data de composición ten sido obxecto de controversia, hai unanimidade en considerala o primeiro exemplo de obra completa conservada do último dos xéneros literarios xurdido en Grecia e que pervive, mutatis mutandis, nos nosos días.

É por iso que a súa tradución ó galego viría completar o repertorio de obras inaugurais dos distintos xéneros literarios occidentais.

Os achádegos papiráceos amosan que na súa época debeu ter ampla difusión, aínda que posteriormente caeu no esquecemento á sombra doutras novelas máis barrocas e refinadas que resultaban máis do gusto dos bizantinos.

A súa temática baseada no enredo amoroso mesturado coas peripecias aventureiras que levan os seus protagonistas a viaxes e perigos extremos ata acadar un final feliz, segue a ter éxito garantizado no contexto actual. Este carácter popular non merma a súa calidade literaria, recoñecida pola crítica actual, sendo especialmente salientable a súa elaborada estrutura e o seu estilo vivo, ás veces preto do cinematográfico, en apariencia sinxelo, o que fai que a súa lectura resulte grata para un lector de hoxe en día.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

16 €

Historia de Calírroe

€16,00

Categorías: Libros, Vétera

Caritón de Afrodisias

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-02-7
PÁXINAS:
190
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Amor, Clásicos grecolatinos, Europa, Viaxes
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Narrativa
TRADUTOR:
Ana Gloria Rodríguez Alonso

LINGUA DE ORIXE:
Grego clásico
DATA DE PUBLICACIÓN:
Maio de 2018

  • Descripción

Descripción

Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data de composición ten sido obxecto de controversia, hai unanimidade en considerala o primeiro exemplo de obra completa conservada do último dos xéneros literarios xurdido en Grecia e que pervive, mutatis mutandis, nos nosos días.

É por iso que a súa tradución ó galego viría completar o repertorio de obras inaugurais dos distintos xéneros literarios occidentais.

Os achádegos papiráceos amosan que na súa época debeu ter ampla difusión, aínda que posteriormente caeu no esquecemento á sombra doutras novelas máis barrocas e refinadas que resultaban máis do gusto dos bizantinos.

A súa temática baseada no enredo amoroso mesturado coas peripecias aventureiras que levan os seus protagonistas a viaxes e perigos extremos ata acadar un final feliz, segue a ter éxito garantizado no contexto actual. Este carácter popular non merma a súa calidade literaria, recoñecida pola crítica actual, sendo especialmente salientable a súa elaborada estrutura e o seu estilo vivo, ás veces preto do cinematográfico, en apariencia sinxelo, o que fai que a súa lectura resulte grata para un lector de hoxe en día.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Recomendamos...

  • Teogonía. Traballos e días. Escudo

    €15,00
  • Diálogos de mortos. Diálogos mariños

    €15,00
  • Ión. Ciclope

    €15,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Mapa de estradas lendario de IslandiaMargherita Dolcevita Desplazarse hacia arriba