• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Vyāsa

Bhagavad Gītā

Traducido por Iván Sende

VER PORTADA
LER EXTRACTO

A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaṇa, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahābhārata foi tradicionalmente atribuída a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.

Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C.

A Bhagavad Gītā fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar Kṛṣṇa, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra.

Dentro desta colección de pequenas e grandes historias que é a Mahābhārata, a Bhagavad Gītā (A cantiga do señor), sempre tivo un lugar destacado. Xa fose polo seu papel como vehículo de propaganda da figura de Viṣṇu/Kṛṣṇa e do fenómeno devocional en xeral, pola súa relevancia como obra filosófica, ou polos seus valores culturais e espirituais dentro dun marco máis amplo, sempre gozou dunha sona e dun recoñecemento singulares.

Nos últimos dous séculos e a raíz da súa posta en coñecemento en Occidente, Bhagavad Gita ten reclamado a atención de todo tipo de lectores. Foi libro de referencia para Mahatma Gandhi e foi gabado por persoas como Aldous Huxley, Henry David Thoreau, J. Robert Oppenheimer, ou Carl Jung.

15 €

Bhagavad Gītā

€15,00

Categorías: Libros, Vétera

Vyāsa

A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaṇa, a narració ...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-10-2
PÁXINAS:
132
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Asia, Ficción clásica, Guerra
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Iván Sende

LINGUA DE ORIXE:
Sánscrito
DATA DE PUBLICACIÓN:
Novembro de 2018

  • Descripción

Descripción

A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaṇa, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahābhārata foi tradicionalmente atribuída a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.

Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C.

A Bhagavad Gītā fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar Kṛṣṇa, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra.

Dentro desta colección de pequenas e grandes historias que é a Mahābhārata, a Bhagavad Gītā (A cantiga do señor), sempre tivo un lugar destacado. Xa fose polo seu papel como vehículo de propaganda da figura de Viṣṇu/Kṛṣṇa e do fenómeno devocional en xeral, pola súa relevancia como obra filosófica, ou polos seus valores culturais e espirituais dentro dun marco máis amplo, sempre gozou dunha sona e dun recoñecemento singulares.

Nos últimos dous séculos e a raíz da súa posta en coñecemento en Occidente, Bhagavad Gita ten reclamado a atención de todo tipo de lectores. Foi libro de referencia para Mahatma Gandhi e foi gabado por persoas como Aldous Huxley, Henry David Thoreau, J. Robert Oppenheimer, ou Carl Jung.

Recomendamos...

  • Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano)

    €15,00
  • Teogonía. Traballos e días. Escudo

    €15,00
  • Consolación a Marcia. Consolación a Helvia

    €15,00
  • Diván (Antoloxía)

    €18,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
FameA outra nai Desplazarse hacia arriba