• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Séneca

Consolación a Marcia. Consolación a Helvia

Traducido por María Isabel Santos Davila

VER PORTADA
LER EXTRACTO

A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas: estoica, epicúrea, peripatética, cínica, platónica, neoplatónica. Eran os filósofos os encargados de dar resignación aos aflixidos, botando man do eclecticismo.

Co tempo, foron os retóricos os que tomaron a consolatio e fixaron unhas formas que posteriormente serían aceptadas como modelo: unha introdución para expor a desgraza e o tratamento; uns praecepta, causas e regras para sandar a dor; os exempla, paradigmas de comportamento edificante; e unha recapitulación final dos temas principais engadindo a idea máis cabal dunha dor sobria e contida. O obxectivo fundamental era a de cambiar os sentimentos da persoa aflixida coa forza da razón, xa que as circunstancias externas serían indiferentes a calquera razoamento.

A Consolación a Marcia tenta confortar unha matrona romana coetánea de Tiberio, que perdeu o seu fillo Metilio tres anos atrás. A datación máis estendida entre os estudosos é antes do ano 41, pero podería fixarse entre o 37 e ese ano. O que si é seguro é que Séneca xa tiña sona de filósofo capacitado para consolar.

A Consolación a Helvia está composta para conforto da súa nai Helvia no transo do propio desterro motivado pola acusación de adulterio. Na obra non se menciona a causa do castigo.

Os remedios contra a desolación propostos por Séneca nas Consolacións son tres: o gozo do espírito contemplando a natureza do propio lugar do exilio como unha das máximas aspiracións e libre de toda preocupación ou xa tras a morte; a saudade polo ser querido pode ser substituída pola atención aos outros familiares e o recordo das vivencias compartidas co fillo perdido, e os estudos como medio de cultivar a intelixencia nos preceptos da sabedoría, un xeito tamén de exercitar a razón: o gran baluarte estoico.

15 €

Consolación a Marcia. Consolación a Helvia

€15,00

Categorías: Libros, Vétera

Séneca

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-24-9
PÁXINAS:
140
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Clásicos grecolatinos, Europa
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Non ficción
TRADUTOR:
María Isabel Santos Davila

LINGUA DE ORIXE:
Latín
DATA DE PUBLICACIÓN:
Xuño de 2019

  • Descripción

Descripción

A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas: estoica, epicúrea, peripatética, cínica, platónica, neoplatónica. Eran os filósofos os encargados de dar resignación aos aflixidos, botando man do eclecticismo.

Co tempo, foron os retóricos os que tomaron a consolatio e fixaron unhas formas que posteriormente serían aceptadas como modelo: unha introdución para expor a desgraza e o tratamento; uns praecepta, causas e regras para sandar a dor; os exempla, paradigmas de comportamento edificante; e unha recapitulación final dos temas principais engadindo a idea máis cabal dunha dor sobria e contida. O obxectivo fundamental era a de cambiar os sentimentos da persoa aflixida coa forza da razón, xa que as circunstancias externas serían indiferentes a calquera razoamento.

A Consolación a Marcia tenta confortar unha matrona romana coetánea de Tiberio, que perdeu o seu fillo Metilio tres anos atrás. A datación máis estendida entre os estudosos é antes do ano 41, pero podería fixarse entre o 37 e ese ano. O que si é seguro é que Séneca xa tiña sona de filósofo capacitado para consolar.

A Consolación a Helvia está composta para conforto da súa nai Helvia no transo do propio desterro motivado pola acusación de adulterio. Na obra non se menciona a causa do castigo.

Os remedios contra a desolación propostos por Séneca nas Consolacións son tres: o gozo do espírito contemplando a natureza do propio lugar do exilio como unha das máximas aspiracións e libre de toda preocupación ou xa tras a morte; a saudade polo ser querido pode ser substituída pola atención aos outros familiares e o recordo das vivencias compartidas co fillo perdido, e os estudos como medio de cultivar a intelixencia nos preceptos da sabedoría, un xeito tamén de exercitar a razón: o gran baluarte estoico.

Recomendamos...

  • Cartas das heroínas

    €19,00
  • Diálogos de mortos. Diálogos mariños

    €15,00
  • Caracteres

    €14,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Instrucións para converterse en fascistaComo se fai unha rapaza Desplazarse hacia arriba