Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

79 resultados da procura de:

73

Memorias dunha viaxe improvisada

O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a […]

74

Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego

Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego recompila recensións críticas publicadas entre os anos 2003 e 2009 no suplemento literario Faro da Cultura do Faro de Vigo, A Nosa Terra e o Cartafol de Libros do portal Vieiros, do que o autor foi coordinador. Recóllense aquí 34 artigos sobre obras dirixidas ao público […]

75

Cerdedo in the Voyager I

Cerdedo, dende a Voyager I, dende o universo, é obxecto de preguntas que non atopan resposta e que abafan o autor: Qui sumus?, Unde venimus?, Quo imus? Son, todas tres, as preguntas transcendentais que estruturan o poemario. Cada unha destas cuestións é tratada de diferentes xeitos polo poeta que non atopa respostas e que se […]

76

Carta arqueolóxica do concello de Cerdedo

Nesta carta arqueolóxica céibanse do esquecemento cento vinte e cinco xacementos prehistóricos localizados no concello de Cerdedo. Todos os xacementos inventariados foron gravemente alterados ou mesmo destruídos. A meirande parte dos xacementos foron parcial ou totalmente estragados pola acción do home. Ningún dos xacementos goza de medidas para favorecer o seu coñecemento ou para garantir […]

77

Cantares de Manuela de Barro

Os que conviven con Manuela de Barro abráianse, e nós con eles, de que con 80 anos teime en erguerse a altas horas da noite, espelindo a vixilia, para preservar coa escrita os ditos, contos e cantares que lle veñen á cabeza. O seu sacrificado labor de transmisión da sabedoría popular é impagábel, mais coma […]

78

Cerdedo na obra do padre Sarmento

Pedro García Sarmento e Gosende (frei Martiño Sarmento) naceu no pazo das Raposeiras de Meilide (freguesía de San Xoán de Cerdedo) no ano 1695. Aínda que ingresou no mosteiro bieito de San Martín (Madrid) á idade temperá de 15 anos e só se achegou a Galiza en tres ocasións (anos de 1725, 1745 e 1754), […]

79

Imaxes na pel

Imaxes na Pel é o rescate dun poemario perdido, o froito dunha singradura entre ruínas poéticas. Morto o autor orixinal e convertido nun mero copista da obra desaparecida, o eu poético persoal pérdese entre traducións e só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia.