Constance Hurlé
Constance Hurlé (Vigo, 1990) estudou un máster en investigación en teatro porque quería pescudar sobre as artes escénicas como ferramenta para a construción do self. Fixo unha tese de licenciatura con esta temática e abandonou a academia.
Licenciouse en filoloxía clásica porque quería entender o ser humano: como se constrúe a mente e a palabra. Quedou coa palabra e agora fai poesía que leva á escena mediante performances ou obras de teatrodanza coa súa compañía Constance Hurlé.
É unha adicta á aprendizaxe. Ama a música, adora o jazz e baila swing ata caer morta. Dedícase á arte e sobrevive dando clases. Se tivese que definirse cunha palabra sería paixón.
Publicacións en Morgante