O cuarto de invitados

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Helen, unha muller madura e independente, prepara coidadosamente o seu cuarto de invitados para a súa amiga Nicola. Ao longo das tres próximas semanas, mentres Nicola segue un tratamento alternativo que cre que curará o seu avanzado cancro, Helen convértese na súa coidadora, na súa asistente, no seu anxo da garda e nunha xuíza implacable. A anfitrioa tentará ofrecerlle o seu apoio incondicional, pero non poderá disimular o rexeitamento pola solución que elixe a súa amiga.

O cuarto de invitados explora os límites das relacións persoais, os sacrificios da amizade ou a responsabilidade que ten unha persoa sobre un ser querido. Todo isto tratado con profundidade, intelixencia e humor.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-92866-64-9
Nº páxinas: 146
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 16 €