• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Aleksis Kivi

Os sete irmáns

Traducido por Tuula Ahola

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e loitarán con osos e lobos. Tras varios anos de vida salvaxe, cambian de rumbo e deciden volver á vila, casar e asentarse como respectables granxeiros.

Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século XX ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.

O éxito desta novela reside na mestura do tráxico e do cómico, no fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e na exquisita descrición da paisaxe nórdica. Unha historia emocionante e divertida que atrae por igual lectores de todas as idades.

22.50 €

Os sete irmáns

€22,50

Categorías: Clásica, Libros

Aleksis Kivi

Aleksis Kivi (Nurmijärvi, Finlandia, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e ...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-92866-69-4
PÁXINAS:
386
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
135 x 215 mm
COLECCIÓN:
Clásica
Libros

TEMÁTICA:
Europa, Ficción clásica, Humor, Natureza
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Tuula Ahola

LINGUA DE ORIXE:
Finés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Outubro de 2014

  • Descripción

Descripción

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e loitarán con osos e lobos. Tras varios anos de vida salvaxe, cambian de rumbo e deciden volver á vila, casar e asentarse como respectables granxeiros.

Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século XX ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.

O éxito desta novela reside na mestura do tráxico e do cómico, no fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e na exquisita descrición da paisaxe nórdica. Unha historia emocionante e divertida que atrae por igual lectores de todas as idades.

Recomendamos...

  • O ano da lebre

    €17,00
  • Botchan

    €16,00
  • Kalevala

    €24,00
  • O bosque dos raposos aforcados

    €16,50

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
O Parnaso sobre rodasO cuarto de invitados Desplazarse hacia arriba