O tradutor cleptómano

Kosztolányi, Dezső

O tradutor cleptomano

ISBN: 978-84-936413-6-8

Nº páxinas: 102

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 142 x 230 mm

PVP: 14 €

Tradución do húngaro de Jairo Dorado Cadilla

Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos. Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029