Os ditosos anos do castigo

TRADUCIÓN DO ITALIANO DE CRISTINA GONZÁLEZ PIÑEIRO

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.

Os ditosos anos do castigo (1989) recibiu o prestixioso Premio Bagutta en 1990 e é a primeira obra de Jaeggy vertida ao galego.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

 

ISBN: 978-84-92866-62-5
Nº páxinas: 98
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 14 €