O asasino que hai en min

Thompson, Jim

O asasino que hai en min

ISBN: 978-84-92866-43-4

Nº páxinas: 248

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 18,50 €

Tradución do inglés de Eva Almazán

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, médico rico e reputado, non estudase na universidade? Por que se desentende da morte en estrañas circunstancias do seu irmán adoptivo? E como non casará dunha vez coa moza de toda a vida? Ben pensado, igual Lou Ford é un home máis complicado do que parece.

Publicada en 1952, O asasino que hai en min é unha das novelas máis logradas e coñecidas de Jim Thompson. Adaptada ao cinema en dúas ocasións, consagrou o autor como un dos grandes representantes da novela negra.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029