Emma Puikkonen

Emma Puikkonen (© Pertti Nisonen)

Emma Puikkonen (Hämeenlinna 1974) dedícase ao ensino teatral e á escrita. Foi fundadora de varias iniciativas culturais relacionadas coas artes escénicas, escribiu diversos libretos teatrais e publicou a súa obra en prosa, Kissaihminen (‘Persoa-gato’) en 1987.

Como autora de narrativa para adultos estreouse en 2001 coa obra Turkulainen näytelmä (‘Unha función de Turku’), á que seguiron Näköala (‘Vistas’, 2004) e Matkamusiikkia (‘Música de viaxe’, 2013). En 2016 publicou Eurooppalaiset unet (‘Soños europeos’), obra pola que foi nominada aos premios Finlandia e ao Tulenkantaja.

En 2017 publicou a obra Äänihäkki (‘Gaiola de sons’), escrita a medias coa súa nai, a escritora Arja Puikkonen, e coa que foron finalistas do premio Topelius.


Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio