O día do falso gato

Pasi Ilmari Jääskeläinen

A quen non lle pasou que o que promete ser un día perfecto acaba por se tornar nun pesadelo?

Isto precisamente é o que lle acontece a Kaarna, director da área de urbanismo do municipio de Marrasvirta. Precisamente o día da festa grande da súa vila, cando vai pronunciar un discurso ante toda a veciñanza, é o que escolle a súa nai para morrer.

A partir de aí, todo se vai enleando até o punto de se ter que enfrontar cun pasado que se cadra non é o que el cría, na persecución dunha morta en vida e nunha estraña intriga relacionada coa espionaxe da Guerra Fría.

Le aquí unha mostra do libro.

ISBN: 978-84-120370-4-3
Nº páxinas: 320
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 21 €

Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio