De quen vén sendo Sushi Books?
Sushi Books é un selo pertencente a Rinoceronte Editora S.L.U., que
sae á luz en 2013 para achegarse a lectores de todas as idades. E faino cun
catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro. Algúns son produtos de importación, outros son
delikatessen do país.
Para que tipo de público?
En Sushi Books temos libros para todo tipo de padais, de cinco a quince anos.
Como sei cal é o Sushi que me convén?
A receita é sempre catar, pero ofrecémosche unha guía simple a través das nosas
tres coleccións:
- Álbum. Se buscas unha lectura máis dixestiva, con
ilustracións, e apta ademais para primeiros lectores.
- Intermedio. Se buscas aventuras condensadas en varios
capítulos para ler nos recreos.
- Avanzado. Se buscas emocións fortes ou que che descubran
novos mundos, agora que xa estás no instituto.
Onde servides?
Podes atopar os Sushi Books en librarías toda Galicia grazas a Alonso Libros. No
resto de España, fai o reparto UDL. Tamén os podes mercar na nosa web, e
mandámoschos á casa.
Onde se preparan os Sushi Books?
Estamos (case sempre) aquí:
Avenida de Lugo, 15
36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Atendemos no teléfono +34 986 16 80 28 e no correo electrónico
falame@sushibooks.es
Como podo estar ao tanto do que facedes?
Síguenos na nosa conta de Twitter e de Facebook.
|