Descripción
É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo das farolas, un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo.
O perseguidor achégase e alcánzao. A loita acaba nuns intres. Morro cae desde o peirao e desaparece nas escuras correntes do río Texo.
Esa noite, axiña corre a noticia de que se cometeu un asasinato. Pero tamén se difunde outro rumor máis espantoso; en algures entre as ruelas e os recunchos do barrio portuario agóchase un simio loco e sanguinario. É o mono do asasino.
Dispoñible tamén en castelán.
Premi Llibreter 2018