Rafik Schami

Rafik Schami naceu en 1946 en Damasco. Na súa mocidade editou durante tres anos un xornal nun barrio da súa cidade. Debido á censura, en 1970 fuxiu ó Líbano e un ano despois emigrou a Alemaña, onde obtivo a licenciatura en Química e traballou na industria. Na actualidade reside en Mannheim e dedícase exclusivamente á literatura. A publicación de Un puñado de estrelas en 1987 reportoulle un grande éxito de público e crítica. Schami demostra ser un escritor de fondas raíces árabes e, ao mesmo tempo, un escritor universal.


Rafik Schami tamén fixo:


Un puñado de estrelas






A cesta está baleira


Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal e política de privacidade