Yoon-sun Park
Yoon-sun Park (Seúl, 1980) é autora de banda deseñada, ilustradora e tradutora. Estudou deseño visual durante catro anos na Universidade Nacional de Seúl. En 2008, foi artista residente na Maison des Auteurs en Angoulême, onde preparou o que se convertería en Underwater, Darkness (2011), unha novela gráfica sobre unha nena que loita por atopar o seu lugar en Seúl.
Na súa obra, recoñecida ó longo dos anos no festival de banda deseñada máis prestixioso de Europa, nunca faltan cans, gatos, vivencias persoais e sentido do humor.
Publicacións en Sushi Books


