Walt Whitman

Walt Whitman (1819-1892) é un dos poetas referentes dos Estados Unidos. Tivo unha infancia complicada e ós once anos deixou a escola. Exerceu os máis variados traballos, dende mozo dos recados a mestre, e mesmo chegou a fundar un xornal propio.

Escribiu contos e artigos, pero a grandeza que asociamos ó seu nome provén sen dúbida da lírica, xa que Walt Whitman será coñecido por apelativos como “o poeta do pobo” ou “o bardo da democracia americana”.

Publicacións en Sushi Books