Todd Strasser
Todd Strasser (Nova York, 1950) é un prolífico escritor norteamericano. Dende 1978 leva publicado máis dun centenar de obras, a meirande parte delas destinadas a un público xuvenil. Nos seus textos adoita tratar temas actuais que conducen á reflexión, como a guerra nuclear, o acoso escolar, a pobreza, a violencia nas escolas e o rexurdimento dos fascismos. Disto trata precisamente A Onda, un dos seus traballos máis coñecidos, que foi levado tanto ó cine coma á televisión nun par de ocasións, e tamén serviu de base para a serie de Netflix We are the Wave.
Publicacións en Sushi Books


