– Quen somos
Rinoceronte Servizos Editoriais é unha empresa dedicada á prestación de servizos á edición, fundamentalmente todos aqueles que xiran ao redor da lingua galega.
Rinoceronte SE nútrese da experiencia na edición comercial de ficción iniciada por Rinoceronte Editora e especialízase nos ámbitos cultural e didáctico-pedagóxico.
O persoal de Rinoceronte SE está formado en Filoloxías e en Tradución, e goza dun dominio amplo da normativa vixente da lingua galega.
A empresa conta con todos os medios técnicos precisos para desempeñar o noso labor da forma máis adecuada (sistemas Mac, Linux e Windows, ferramentas informáticas de edición e tradución, bibliografía de referencia) e dispón dun espazo agradable e luminoso no que facelo a gusto.
– Servizos
– TRADUCIÓN
· Linguas de traballo principais: galego, castelán, inglés, francés, italiano. Tamén: portugués, checo, ruso, alemán.
· Coñecemento de Trados e outras ferramentas tradutolóxicas.
· Materiais didácticos e pedagóxicos.
· Subtitulos de películas e outros materiais audiovisuais.
· Contidos web e multimedia.
– REVISIÓN E CORRECCIÓN ESTILÍSTICA, NORMATIVA E ORTOTIPOGRÁFICA
· Revisión de orixinais e traducións.
· Revisión de probas en papel e corrección en soporte informático [Quark, Indesign, Illustrator, Freehand].
· Adecuación á normativa oficial vixente da lingua galega.
· Comprobación de referencias.
– PRODUCIÓN EDITORIAL
· Edición de libros, catálogos e revistas.
· Impresión offset.
· Impresión dixital a demanda.
– XESTIÓN DE CONTIDOS
· Documentación para monográficos e exposicións.
· Xeración de materiais didácticos e pedagóxicos.
· Creación literaria e xornalística.
· Ilustracións [libros de texto, revistas, etc.].
– Contacto
Rinoceronte Servizos Editoriais
Avenida de Lugo, 15
36940 Cangas do Morrazo
+34 986 168 028