Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

55

Os Estados e Imperios da Lúa

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador […]

56

Fóra do mapa

Nun mundo no que todos os mapas parecen trazados, e xa se descubriu e experimentou todo, Fóra do mapa ofrece unha viaxe a través das xeografías que aínda permanecen agachadas, dende illas desaparecidas a sumidoiros, cidades invisibles e terreos flotantes; un testemuño fascinante do misterioso que resulta o mundo aínda a día de hoxe. Seguindo […]

57

O marabilloso soño dun gran niño de necios

O marabilloso soño dun gran niño de necios apareceu en Salzburgo no ano 1703 e pertence a unha literatura moi antiga de carácter didáctico-satírico, denominada Narrenliteratur ou “literatura da necidade”. Detrás do texto de Abraham a Sancta Clara atópase unha tradición moi sólida que vai desde a sátira romana coa súa tipoloxía de necios, ás […]

58

Hôzuki

Mitsuko rexenta unha libraría de segunda man especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días tranquilamente coa súa nai e mais con Tarô, o seu fillo xordomudo. Un día, unha muller distinguida entra na tenda acompañada pola filla pequena, que conecta moi ben con Tarô. Para compracer o seu fillo, Mitsuko aceptará volver velas, malia […]

59

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński é considerada a primeira novela polaca O protagonista desta novela de aprendizaxe e de viaxes, Mikołaj, un nobre polaco, narra a súa vida en primeira persoa cunha clara intención didáctica. Entre estas aventuras destaca a súa estadía en Nipu, unha illa ficticia na que Ignacy Krasicki sitúa unha utopía política […]

60

Como se fai unha rapaza

A adolescente Johanna Morrigan convértese en Dolly Wilde, e comeza a dedicarse á crítica musical nunha revista londiniense. Entre concerto e concerto, a protagonista relata sen papas na boca os seus esforzos por converterse en adulta a base de fumar, beber e deixar de masturbarse con todo tipo de obxectos para pasar ao sexo con […]

61

Consolación a Marcia. Consolación a Helvia

A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas: estoica, epicúrea, peripatética, cínica, platónica, neoplatónica. Eran os filósofos os encargados de dar resignación aos aflixidos, botando man do eclecticismo. Co tempo, foron os retóricos os que tomaron a consolatio e fixaron unhas formas que posteriormente serían aceptadas como modelo: […]

62

Instrucións para converterse en fascista

Instrucións para converterse en fascista nace para demostrar non só que a democracia é inútil e mesmo prexudicial para a convivencia, senón tamén para probar que a súa alternativa máis experimentada –o fascismo– é un sistema de xestión do Estado moito mellor, menos custoso, máis rápido e máis eficiente. Fiel ao seu humilde obxectivo didáctico, […]

63

Libro de emblemas

O Libro de Emblemas é unha obra fundamental para comprender a mentalidade do Renacemento e do Barroco, pois ofrece a clave de lectura de numerosas obras artísiticas e literarias destes períodos. No século XVI, influenciados polo legado pseudoexipcio, da tradición simbólica da Idade Media e da propia da mitoloxía clásica perfilouse unha nova linguaxe, a […]