Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

37

O baile

Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está convidado. Só queda fóra a súa filla adolescente, Antoinette. A rapaza, ferida no seu orgullo, buscará vinganza.

38

Un verán en Galicia

“Soamente aqueles que comprenden que hai que achegarse aos lugares coa mesma disposición coa que se coñece un amigo –con simpatía, amor e sentimentos altruístas–, poden persuadir un país para que lles revele os seus segredos, a súa beleza e verdades.” Publicado orixinalmente en inglés no ano 1911, Un verán en Galicia describe o noso […]

39

Poemas

Na poesía de Chika Sagawa predominan os elementos da natureza, os animais, as partes do día e o paso do tempo, a vida urbana da cultura occidental como oposición e, por suposto, a presenza da morte. A súa temática, carente de connotacións femininas, dista moito das poetisas xaponesas da súa época, e emprega convencións modernistas, […]

40

Adiviñas medievais do Libro de Exeter

As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica […]

41

Deshonra

Tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo, David Lurie, de mediana idade e divorciado dúas veces, ten unha impulsiva aventura cunha alumna. A aventura agréase, denúnciano e é convocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder ás presións para que mostre publicamente […]

42

Os Estados e Imperios do Sol

Os Estados e Imperios do Sol –xunto con Os Estados e Imperios da Lúa– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol. Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de […]

43

O canguro alcohólico

Un canguro adicto á cervexa, un piloto que se desmaia ao ver animais ou unha avestruz con instinto suicida son só algúns dos exemplos da fauna australiana que Kenneth Cook presenta nesta colección de relatos humorísticos. Nos seus contos, recollidos en varios volumes, o autor australiano desprega unha escrita hilarante, tan real coma incrible. Esta […]

44

Historias (Libros I e II)

As Historias de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento. Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non […]

45

O país onde medran os limoeiros

A historia dos cítricos percorre a historia de Italia coma un fío dourado. Helena Attlee aproveita este feito para levarnos da man nunha viaxe única e intensa polo pasado cultural, moral, culinario e político deste país. A autora entretece literatura de viaxes, historia, receitas, horticultura e arte para ofrecer un relato sobre as orixes dos […]