Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

156 resultados da procura de:

127

Un día na vida de Iván Denísovich

Iván Denísovich, un humilde labrego, é un dos millóns de cidadáns que, sen saber ben como nin por que, acaban nos campos de traballos forzados soviéticos como presos políticos. Acusado de ser espía tras escapar do cativerio alemán durante a guerra, Iván Denísovich é condenado a dez longos anos en Siberia. Aprenderá deseguida a arte […]

128

O asasino que hai en min

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, […]

129

O maletín do mestre

Dous personaxes solitarios, Tsukiko de 38 anos, e o seu antigo mestre, Harutsuna, que case lle duplica a idade, atópanse casualmente nunha taberna. O azar convértese en costume e así, entre grolos de sake e festíns gastronómicos, comeza unha curiosa relación entre a muller solteira, que xa abandonara calquera expectativa relativa ao amor, e o […]

130

O sentido dun final

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada […]

131

Pob. 1280

Pob. 1.280 (1964), a última gran novela de Thompson, conxuga e refina temas, motivos e técnicas que o autor xa visitara con anterioridade. Ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do XX, presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Polo que o propio Corey nos conta, non […]

132

Contrato con Deus

A través dun cuarteto de historias entretecidas, Contrato con Deus expresa a ledicia, exuberancia, dramatismo e traxedia da vida na mítica Avenida Dropsie, no Bronx. Esta obra lendaria orixinou unha nova forma artística e confirmou a Will Eisner como un dos grandes pioneiros das artes gráficas americanas. (Esta obra recibiu unha axuda á edición do […]

133

A boca chea de terra

Un home ao que se lle diagnosticou unha enfermidade terminal decide tomar un tren cara ao seu Montenegro natal coa intención de pasar alí os seus últimos días. Porén, a medio camiño aproveita unha parada para baixar do tren e penetrar no bosque co desexo de atopar alí a morte. O seu encontro con dous […]

134

Entender o cómic

Ao longo de 224 páxinas Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias do cómic como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primerio título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición.

135

Sangué Sabur

“Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera”, así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sangué sabur, na […]