• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Cyrano de Bergerac

Os Estados e Imperios da Lúa

Traducido por Henrique Harguindey Banet

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz.

A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos.

Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

15 €

Os Estados e Imperios da Lúa

€15,00

Categorías: Libros, Vétera

Cyrano de Bergerac

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-32-4
PÁXINAS:
128
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Ciencia ficción, Europa, Ficción clásica
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Henrique Harguindey Banet

LINGUA DE ORIXE:
Francés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Novembro de 2019

  • Descripción

Descripción

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz.

A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos.

Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

Recomendamos...

  • O Mundo Resplandecente

    €16,00
  • Os Estados e Imperios do Sol

    €15,00
  • Gargantúa e Pantagruel

    €23,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Fóra do mapaO ruído do tempo Desplazarse hacia arriba