• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Abraham a Sancta Clara

O marabilloso soño dun gran niño de necios

Traducido por Rosa Marta Gómez Pato

VER PORTADA
LER EXTRACTO

O marabilloso soño dun gran niño de necios apareceu en Salzburgo no ano 1703 e pertence a unha literatura moi antiga de carácter didáctico-satírico, denominada Narrenliteratur ou “literatura da necidade”. Detrás do texto de Abraham a Sancta Clara atópase unha tradición moi sólida que vai desde a sátira romana coa súa tipoloxía de necios, ás festas de necios, á institución do bufón da corte e á literatura épica-didáctica da Alta Idade Media, pasando pola figura do necio no teatro popular ou os Fastnachtsspiele (xogos de entroido ou burlesques literarios) de finais da Idade Media. Entre os séculos XIV e XVII, atopamos unha inxente cantidade de sainetes, farsas, catálogos ou sátiras de necios como A nave dos necios (1494) de Sebastian Brant, o Eloxio da loucura (1511) de Erasmo de Rotterdam ou A conxura dos necios (1512) do franciscano Thomas Murner. Abraham é, sen dúbida, mensaxeiro dunha longa tradición e o derradeiro representante significativo da retórica de púlpito con carácter humorístico-satírico.

N’O marabilloso soño dun gran niño de necios Abraham exerce a función dun crítico para desenmascarar as necidades dun namorado, dun paduán, dun avaro, dun borracho ou dun vago, entre outros. O autor ofrece un catálogo de necios, dos seus vicios e erros, e invita o lector a sacar as súas propias conclusións. Con esta edición, o galego convértese na primeira lingua románica que recolle a obra dun dos escritores máis importantes do barroco.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

14 €

O marabilloso soño dun gran niño de necios

€14,00

Categorías: Libros, Vétera

Abraham a Sancta Clara

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-30-0
PÁXINAS:
84
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Ficción clásica, Humor
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Non ficción
TRADUTOR:
Rosa Marta Gómez Pato

LINGUA DE ORIXE:
Alemán
DATA DE PUBLICACIÓN:
Setembro de 2019

  • Descripción

Descripción

O marabilloso soño dun gran niño de necios apareceu en Salzburgo no ano 1703 e pertence a unha literatura moi antiga de carácter didáctico-satírico, denominada Narrenliteratur ou “literatura da necidade”. Detrás do texto de Abraham a Sancta Clara atópase unha tradición moi sólida que vai desde a sátira romana coa súa tipoloxía de necios, ás festas de necios, á institución do bufón da corte e á literatura épica-didáctica da Alta Idade Media, pasando pola figura do necio no teatro popular ou os Fastnachtsspiele (xogos de entroido ou burlesques literarios) de finais da Idade Media. Entre os séculos XIV e XVII, atopamos unha inxente cantidade de sainetes, farsas, catálogos ou sátiras de necios como A nave dos necios (1494) de Sebastian Brant, o Eloxio da loucura (1511) de Erasmo de Rotterdam ou A conxura dos necios (1512) do franciscano Thomas Murner. Abraham é, sen dúbida, mensaxeiro dunha longa tradición e o derradeiro representante significativo da retórica de púlpito con carácter humorístico-satírico.

N’O marabilloso soño dun gran niño de necios Abraham exerce a función dun crítico para desenmascarar as necidades dun namorado, dun paduán, dun avaro, dun borracho ou dun vago, entre outros. O autor ofrece un catálogo de necios, dos seus vicios e erros, e invita o lector a sacar as súas propias conclusións. Con esta edición, o galego convértese na primeira lingua románica que recolle a obra dun dos escritores máis importantes do barroco.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

Recomendamos...

  • Sátiras

    €15,00
  • Vidas breves de idiotas

    €16,00
  • Opinións dun pallaso

    €17,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
As aventuras de Mikołaj DoświadczyńskiHôzuki Desplazarse hacia arriba