• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Anónimo

O duque Ernesto

Traducido por Almudena Otero Villena

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos.

O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa finalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo. Mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación se rompa e que o emperador acabe acusando a Ernesto de traizón.

Tras loitar durante un tempo contra o emperador, Ernesto non ten máis remedio que abandonar o país e unirse ás cruzadas acompañado dun fato de homes fieis. Mais unha tormenta desvíaos do seu primeiro obxectivo, e Ernesto emprende unha viaxe a Oriente na que visita estraños países e vive numerosas aventuras. Tras obter sona e honor en Oriente, regresa a Alemaña, onde o emperador acaba aceptando a súa inocencia e admitíndoo na corte.

Nalgún intre os críticos clasificaron o Herzog Ernst dentro da denominada Spielmannsepik ou “épica de xograres”, pois considerábase que fora obra de xograres errantes; un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Esta hipótese, se callar reforzada polo feito de non coñecermos o autor, está arestora desbotada: tanto a linguaxe como a estrutura do libro son demasiado complexas para que fose así.

15 €

O duque Ernesto

€15,00

Categorías: Libros, Vétera

Anónimo

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-37-9
PÁXINAS:
118
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Medieval
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Almudena Otero Villena

LINGUA DE ORIXE:
Alemán
DATA DE PUBLICACIÓN:
Maio de 2020

  • Descripción

Descripción

Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos.

O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa finalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo. Mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación se rompa e que o emperador acabe acusando a Ernesto de traizón.

Tras loitar durante un tempo contra o emperador, Ernesto non ten máis remedio que abandonar o país e unirse ás cruzadas acompañado dun fato de homes fieis. Mais unha tormenta desvíaos do seu primeiro obxectivo, e Ernesto emprende unha viaxe a Oriente na que visita estraños países e vive numerosas aventuras. Tras obter sona e honor en Oriente, regresa a Alemaña, onde o emperador acaba aceptando a súa inocencia e admitíndoo na corte.

Nalgún intre os críticos clasificaron o Herzog Ernst dentro da denominada Spielmannsepik ou “épica de xograres”, pois considerábase que fora obra de xograres errantes; un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Esta hipótese, se callar reforzada polo feito de non coñecermos o autor, está arestora desbotada: tanto a linguaxe como a estrutura do libro son demasiado complexas para que fose así.

Recomendamos...

  • Cancioneiros dos goliardos

    €21,00
  • Cantar de Ruodlieb

    €15,00
  • Adiviñas medievais do Libro de Exeter

    €16,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
A natura expostaOs sangues Desplazarse hacia arriba