Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

37

O verán no que miña nai tivo os ollos verdes

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo […]

38

A vexetariana

Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos. O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela. No primeiro relato, “A vexetariana”, un […]

39

O bosque dos raposos aforcados (Novela gráfica)

Oiva Juntunen conseguiu fuxir co botín dun roubo mentres o seu cómplice cumpre condena. Cando este sae do cárcere, Oiva foxe ás recónditas paisaxes da Laponia finlandesa para non ter que compartir a súa riqueza. Alí coñece o comandante Remes, exmilitar alcólico, e unha nonaxenaria fuxitiva, cos que vive unha serie de estrafalarias aventuras. Baseado […]

40

Ningún de nós ha volver

En xaneiro de 1943, duascentas corenta mulleres, a maioría delas comprometidas coa Resistencia, foron transportadas nun vagón de gando dende Francia ao campo de concentración de Auschwitz. Só regresaron corenta e nove, unha delas Charlotte Delbo. Pouco despois da súa liberación en abril de 1945, reconstruíu o seu recordo a partir de instantáneas daqueles días. […]

41

Siluetas na area (Relatos)

Estes relatos de Isabelle Eberhardt non son notas de viaxe nin diarios, senón que teñen un compoñente ficcional. Eberhardt traza siluetas de homes pasionais –mesmo violentos– e mulleres submisas, mais uns e outras silandeiros, discretos, soñadores, hospitalarios e, por riba de todo, temorosos de Deus; e, fronte a eles, as siluetas altivas dos seus colonizadores. […]

42

Azami

Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el […]

43

Dor menstrual

Masechaba consegue o seu soño da infancia: exercer a Medicina. Porén, axiña se enfronta á realidade de traballar nun hospital sen apenas recursos. Á vez que trata de aliviar a dor allea, a protagonista ten que vencer os seus propios demos: as fortes dores menstruais, o dó polo suicidio do seu irmán e as presións […]

44

Queres facer o favor de calar, por favor?

Co seu primeiro libro de contos, escrito ao longo de quince anos, Raymond Carver revitalizou o relato breve norteamericano. Os seus protagonistas son xente común, cos seus dramas triviais, as súas traxedias diarias e as súas anécdotas, que trazan un retrato icónico dos Estados Unidos.

45

Festa no xardín (Nova)

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto ‘Festa no xardín’, que dá título a este […]