Siluetas na area (Relatos)
Estes relatos de Isabelle Eberhardt non son notas de viaxe nin diarios, senón que teñen un compoñente ficcional. Eberhardt traza siluetas de homes pasionais –mesmo violentos– e mulleres submisas, mais uns e outras silandeiros, discretos, soñadores, hospitalarios e, por riba de todo, temorosos de Deus; e, fronte a eles, as siluetas altivas dos seus colonizadores. […]