• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Séneca

Medea. Fedra

Traducido por Fernando Domènech

VER PORTADA
LER EXTRACTO

A traxedia de Séneca ten algo que a fai especialmente moderna: os deuses non moven os fíos. Son os seres humanos —coas súas paixóns, as súas decisións, os seus abismos interiores— os verdadeiros protagonistas do drama. E dentro da súa obra, Medea e Fedra son as criaturas máis vivas e complexas que creou: dúas mulleres devastadas por conflitos que non teñen saída fácil, dúas heroínas que o lector non esquece. Pero hai máis. Máis alá de cada historia por separado, estas dúas traxedias dialogan entre si de xeito sorprendente: a orixe das protagonistas, o illamento ao que foron condenadas, o exilio lonxe da súa terra, o abandono por parte de maridos infieis… Todo iso tece entre elas un vínculo case secreto que as une e as enriquece mutuamente. Esta tradución quixo estar á altura desa riqueza. Apostamos pola libre versificación para devolver ao galego a beleza lírica dos coros, a contundencia sentenciosa dos diálogos e a intensidade case barroca dos grandes monólogos, sen perder o ton retórico que define a Séneca, pero tamén sen afastar o texto do lector de hoxe. Para que nada quede escuro, a introdución e as notas acompañan estes versos de cerca: porque Séneca escribe desde un mundo cargado de filosofía, mitoloxía, maxia, astronomía e xeografía antiga, e coñecer ese mundo é, tamén, parte do pracer da lectura.

18 €

Medea. Fedra

€18,00

Categorías: Libros, Vétera

Séneca

...

VER MÁIS
ISBN:
979-13-87877-15-6
PÁXINAS:
144
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145x220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Clásicos grecolatinos, Europa
XÉNERO:
Teatro
TRADUTOR:
Fernando Domènech

LINGUA DE ORIXE:
Latín
DATA DE PUBLICACIÓN:
Abril de 2026

  • Descripción

Descripción

A traxedia de Séneca ten algo que a fai especialmente moderna: os deuses non moven os fíos. Son os seres humanos —coas súas paixóns, as súas decisións, os seus abismos interiores— os verdadeiros protagonistas do drama. E dentro da súa obra, Medea e Fedra son as criaturas máis vivas e complexas que creou: dúas mulleres devastadas por conflitos que non teñen saída fácil, dúas heroínas que o lector non esquece. Pero hai máis. Máis alá de cada historia por separado, estas dúas traxedias dialogan entre si de xeito sorprendente: a orixe das protagonistas, o illamento ao que foron condenadas, o exilio lonxe da súa terra, o abandono por parte de maridos infieis… Todo iso tece entre elas un vínculo case secreto que as une e as enriquece mutuamente. Esta tradución quixo estar á altura desa riqueza. Apostamos pola libre versificación para devolver ao galego a beleza lírica dos coros, a contundencia sentenciosa dos diálogos e a intensidade case barroca dos grandes monólogos, sen perder o ton retórico que define a Séneca, pero tamén sen afastar o texto do lector de hoxe. Para que nada quede escuro, a introdución e as notas acompañan estes versos de cerca: porque Séneca escribe desde un mundo cargado de filosofía, mitoloxía, maxia, astronomía e xeografía antiga, e coñecer ese mundo é, tamén, parte do pracer da lectura.

Recomendamos...

  • Edipo. As fenicias

    €17,00
  • Medea. Heracles

    €18,00
  • Consolación a Marcia. Consolación a Helvia

    €15,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Servir os ricosBrillante coma o amor, negro coma a morte Desplazarse hacia arriba