• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Elias Lönnrot

Kalevala

Traducido por Tomás González Ahola, Tuula Ahola

VER PORTADA
LER EXTRACTO

O Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e  un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un  ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país.

Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra.

A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos.

En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país.

A tradución ao galego da obra Kalevala é unha iniciativa ambiciosa pero necesaria para conectar a nosa cultura coa do Norte de Europa, xa que ata agora non existía ningunha edición no noso idioma.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

24 €

Kalevala

€24,00

Categorías: Libros, Vétera

Elias Lönnrot

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-92866-97-7
PÁXINAS:
430
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Europa, Ficción clásica
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción, Poesía
TRADUTOR:
Tomás González Ahola, Tuula Ahola

LINGUA DE ORIXE:
Finés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Febreiro de 2018

  • Descripción

Descripción

O Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e  un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un  ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país.

Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra.

A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos.

En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país.

A tradución ao galego da obra Kalevala é unha iniciativa ambiciosa pero necesaria para conectar a nosa cultura coa do Norte de Europa, xa que ata agora non existía ningunha edición no noso idioma.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Recomendamos...

  • Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik O Roxo

    €14,01
  • Sir Gawain e o cabaleiro verde

    €16,00
  • Os sete irmáns

    €22,50

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
AcabadoraMapa de estradas lendario de Islandia Desplazarse hacia arriba