• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

James Rhodes

Instrumental

Traducido por Eva Almazán

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Imaxinade por un momento un neno de cinco anos que vai saltaricando, cheo de ledicia, por un camiño inundado de luz e calor. De súpeto, o chan cede baixo os seus pés e o neno cae ás augas xélidas e escuras dun lago sen fondo. Pide auxilio, pero non hai quen lle valla. A piques de afogar, cando está a punto de afundirse para sempre, atopa unha inesperada táboa de salvación. Non o saca da auga, mais permítelle aboiar nela, sobrevivir ata que o neno xunta forza e madureza para salvarse só.

Ese neno chamábase James Rhodes. As augas xélidas eran as violacións a que o sometía o seu mestre de ximnasia. E o salvavidas foi a Chacona en re menor de Johann Sebastian Bach que transcribiu para o piano Ferruccio Busoni. Disfrazada de autobiografía cuxa lectura remove as entrañas, Instrumental é unha oda á capacidade salvífica da música.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

podes escoitar a playlist de Instrumental aquí.

19.90 €

Instrumental

€19,90

Categorías: Libros, Nova

James Rhodes

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-38-6
PÁXINAS:
280
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
135 x 215 mm
COLECCIÓN:
Libros
Nova

TEMÁTICA:
Autobiografía, Europa, Música
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Autobiografía
TRADUTOR:
Eva Almazán

LINGUA DE ORIXE:
Inglés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Maio de 2020

  • Descripción

Descripción

Imaxinade por un momento un neno de cinco anos que vai saltaricando, cheo de ledicia, por un camiño inundado de luz e calor. De súpeto, o chan cede baixo os seus pés e o neno cae ás augas xélidas e escuras dun lago sen fondo. Pide auxilio, pero non hai quen lle valla. A piques de afogar, cando está a punto de afundirse para sempre, atopa unha inesperada táboa de salvación. Non o saca da auga, mais permítelle aboiar nela, sobrevivir ata que o neno xunta forza e madureza para salvarse só.

Ese neno chamábase James Rhodes. As augas xélidas eran as violacións a que o sometía o seu mestre de ximnasia. E o salvavidas foi a Chacona en re menor de Johann Sebastian Bach que transcribiu para o piano Ferruccio Busoni. Disfrazada de autobiografía cuxa lectura remove as entrañas, Instrumental é unha oda á capacidade salvífica da música.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

podes escoitar a playlist de Instrumental aquí.

Recomendamos...

  • Vivir na fin do mundo

    €18,00
  • O ruído do tempo

    €17,00
  • Como ser famosa

    €20,90
  • Miñán

    €17,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
De re coquinaria (Antiga cociña romana)Teogonía. Traballos e días. Escudo Desplazarse hacia arriba