Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

55

Ión. Ciclope

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo […]

56

Felices todo o tempo

Guido e Vincent, amigos dende a infancia e cun traballo estable, namóranse de Holly e Misty, respectivamente. Daquela chegan os cortexos, os celos e os encontros familiares, aderezados por catro personalidades fortes ás que non lles falta sentido do humor. Malia os seus desencontros, as dúas parellas viven unha vida apracible no Nova York de […]

57

Sobre a natureza das cousas

De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio reflexiona sobre a orixe do universo, poñendo en xogo a teoría atomista de Demócrito e a filosofía de Epicuro. En última instancia, o autor pretende liberar o ser humano dos medos impostos pola tradición […]

58

Pequeno país

Burundi, 1992. Gaby ten dez anos e pasa o día cos amigos nas rúas de Bujumbura, cos que rouba mangas nos xardíns do barrio, se baña no río e fuma ás agachadas. Pero a súa vida libre de preocupacións é interrompida pola separación dos pais (francés e ruandesa) e pola guerra, que o desposuirá do […]

59

Constitución dos Lacedemonios. Constitución dos Atenienses

O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os […]

60

A trenza

As vidas de Smita, Giulia e Sarah non poden ser máis diferentes. Na India, Smita fai o posible para que a súa filla aprenda a ler e escribir. En Italia, Giulia descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar. E no Canadá Sarah enfróntase a unha enfermidade que truncará […]

61

Ti e mais eu

Lorenzo, de catorce anos, dilles aos pais que marcha esquiar cos seus compañeiros do instituto, pero en realidade crea un refuxio no rocho para pasar as vacacións ao seu aire, sen ninguén que o moleste. Porén, a súa medio irmá Olivia, nove anos maior ca el, irrompe no seu retiro e obrígao a enfrontarse ao […]

62

Oliver Twist

Oliver é un orfo abandonado nun hospicio que se ve empurrado a convivir con delincuentes nos baixos fondos londinienses. As súas peripecias para vencer o seu destino e forxar o seu propio destino son narradas de forma maxistral por Dickens, que combina habilmente a vívida descrición de ambientes e personaxes e o sentido do humor […]

63

Xente normal

Marianne e Connell son dous adolescentes que só teñen en común a vila irlandesa onde viven. Ela é altiva e marxinada, mentres que el é un dos rapaces máis populares do seu instituto. Con todo, comezan unha relación secreta que cambia as súas vidas. O intenso vínculo entre ambos continúa anos despois, no seu paso […]